top of page
17545483_113078332518435_153280753874515

ZUMAQUE

 Zumaque é unha formación integrada por catro  músicos, afincados en Compostela e na Coruña, cunha longa traxectoria nos seus ámbitos musicais.

Forman parte do trio, a arpista bretoa Bleuenn Le Friec, cunha dilatada experiencia na música sinfónica, o contrabaixista Alfonso Calvo e o percusionista Miguel Cabana, vencellados a múltiples proxectos do jazz e as músicas improvisadas, e o clarinetista Pablo Pascual, que desenvolveu a sua carreira en diversos ámbitos, pero sempre comprometido ca música tradicional galega.

Zumaque propón un percorrido renovado polos diferentes ritmos da música tradicional cunha absoluta renovación estética, e cun importante espazo para a creación espontánea e a improvisación. O trio busca poñer en valor e dinamizar estructuras e harmonías da música tradicional, cunha tímbrica novidosa e uns arranxos coidados.

Presentáron o seu traballo en numerosos lugares da xeografía galega, entre os cales podemos destacar a Fundación Vicente Risco en Allariz, a casa das Insuas en Rábade ou o Festival Internacional de Arpa “Vila de Noia”. No 2018 foro finalistas dos premios Narf, organizados pola Deputación de Coruña. En Outubro de 2020 presentan “Silván”, o seu primeiro traballo discográfico.

IMG-20210630-WA0020.jpg
bottom of page